Podcast
Fraternidad-Muprespa aposta por crear unha canle de podcast, con interesantes contidos relacionados con saúde, prevención e prestacións, todos os que teñen relación coas funcións encomendadas ás Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social e cunha periodicidade mensual.
Os nosos podcats están aloxados en plataformas creadas para tal efecto, como Ivoox, Youtube e no noso portal web corporativo.
Podcast é un arquivo de son que se pode escoitar ou descargar de Internet, que se reproduce en móbiles, tabletas e ordenadores, e se pode reescoitar cantas veces queira. O ideal para seguir e escoitar podcasts son os smartphones, porque nos acompañan sempre, alá onde esteamos, e permite aproveitar situacións ideais para escoitalos. Pódese reproducir cando o usuario prefira e tamén se permite a posibilidade de subscribirse á canle, no noso caso, PodcastFM, e recibir así actualizacións automáticas.
É unha nova canle de comunicación diferente para engadir ás que Fraternidad-Muprespa xa ten, como a de YouTube. Cun podcast podemos chegar a máis audiencia.
Apostamos por este novo produto porque, en poucos minutos de escoita, aprenderá contidos ou coñecerá o funcionamento do noso día a día, con entrevistas a expertos nas diferentes áreas.
Contidos
Podcast FM 1x07: preguntas frecuentes sobre a prestación por cesamento de actividade de autónomos
Data de publicación: 14/04/2020. Duración: 14' 21".
As MUTUAS COLABORADORAS COA SEGURIDADE SOCIAL, comprometidas coa saúde dos traballadores, a competitividade das empresas e o sostemento do sistema de Seguridade Social, presentan esta guía na que se recollen as preguntas frecuentes relacionadas coa prestación extraordinaria por cesamento de actividade dos autónomos. Con iso buscamos resolver posibles dúbidas coa finalidade de axudar ao sector.
Podcast FM 1x06: unidade de esterilización do Hospital F-M Habana
Data de publicación: 09/03/2020. Duración: 16' 10".
Os antigos exipcios pensaban que demos e malos espíritos eran a causa das infeccións e que só a bruxaría e a maxia podería afastalas. Foi Hipócrates quen refutou a idea de que as enfermidades eran un castigo divino e propugnou a irrigación das feridas con viño ou auga fervendo, algo que seguiu facendo Galeno, que tamén fervía o instrumental co que curaba os gladiadores.
En 1683 Antonj de Leeuwenhoeck desenvolveu o microscopio e encontrou uns pequenos bichocos, compatibles co que, dous séculos despois, Louis Pasteur denominou microorganismos, establecendo unha teoría microbiana como responsable de contraer certas enfermidades. Comezou a desenvolver procesos de desinfección e esterilización que se ampliaron en 1881 grazas ao médico alemán Robert Koch, creador do primeiro esterilizador con fluxo de vapor sen presión.
Por que facemos todo este repaso pola historia da asepsia? Pois para contar neste novo capítulo de Podcast FM en que consiste, no Hospital Fraternidad-Muprespa Habana, esa gran descoñecida que é a esterilización.
Podcast FM 1x05: Evolución dixital
Data de publicación: 16/01/2020. Duración: 17' 37".
Nun mundo hiperconectado, áxil e cambiante, Fraternidad-Muprespa ten a máxima de que pacientes, empresas mutualistas, traballadores protexidos, provedores e colaboradores nos teñan moi preto, porque ese é o mellor xeito de dar un servizo óptimo. A dixitalización é un aspecto fundamental para conseguilo, e diso imos falar hoxe con Pedro Serrera, subdirector xeral de sistemas da información e servizos.
A transformación dixital non trata só de seguir incorporando tecnoloxía, senón implantar un cambio transversal, que afecta a todos os ámbitos da organización, ao longo dun percorrido planificado e executado dentro do III Plan Estratéxico da Mutua. Mentres en moitos ámbitos se fala de transformación dixital, na nosa Mutua falamos de evolución dixital e de poñer as nosas dúas décadas de experiencia ao servizo das persoas.
Podcast FM 1x04: Combater a ansiedade
Data de publicación: 19/12/2019. Duración: 12' 32".
Os nenos, o traballo, as facturas, o xefe, a hipoteca, os veciños, a política, o Nadal, o verán, a Semana Santa... Querer chegar a todo, pero, en definitiva, non parar, non poder parar. Sabemos que vivimos nunha sociedade que xera ansiedade. As noticias, os datos e o que oímos ao noso arredor, confírmao. Non necesita descrición porque gran parte da sociedade vive ou viviu con iso, en primeira persoa ou porque se pon na pel de alguén próximo que a padece.
A boa noticia é que pode ser doado combatela. Diso precisamente vai este podcast que che presentamos hoxe. Dende Fraternidad-Muprespa buscamos axudarche e facilitarche o acceso a ferramentas destinadas a erradicar a ansiedade, de cara ao novo ano que comeza. Deixámosche uns consellos moi útiles, o máis útil de todos é este: sexa cal for a situación que esteas a vivir, recorda que tes a capacidade de vivila con saúde, e estás a un intre de facelo. Se queres comprobalo por ti mesmo, só tes que darlle ao play.
Podcast FM 1x03: entrevista a Pedro Serrera en EFE Radio
Data de publicación: 16/12/2019. Duración: 9' 31".
Encheu informativos, periódicos, redes sociais e tamén conversacións particulares porque non deixa, nin debe deixar, a ninguén indiferente. A COP25, a Conferencia de Nacións Unidas sobre o Cambio Climático finalizou e nesta nova entrega ímonos centrar no que a nosa Mutua achegou a esta cita.
Déronnos un premio de eficiencia enerxética, recoñecéronnos como unha das 101 iniciativas máis destacadas para facer fronte á emerxencia climática e organizamos unha exitosa xornada sobre deseño e construción sostible medioambientalmente. E sobre que xiraron todos estes eventos? Pois arredor do Hospital Fraternidad-Muprespa Habana, un dos cinco hospitais máis sostibles do mundo. Para recordar que fai tan especial ao noso hospital, recuperamos unha entrevista de Pedro Serrera no programa de EFE Radio Mangas Verdes, especializado en periodismo ambiental. Só tes que darlle ao play.
Podcast FM 1x02: Seguridade Viaria Laboral, con Mar Morales e David Revillo
Data de publicación: 3/12/2019. Duración: 24' 26".
O 17 de novembro de 2019 pode que fose un día máis para a maioría de nós, pero seguro que foi un día especial para os miles de persoas que perderon un ser querido nun accidente de tráfico. En 2005 a Asemblea Xeral de Nacións Unidas invitou a Estados membros e a comunidade internacional a recoñecer cada terceiro domingo de novembro como Día Mundial en Recordo das Vítimas dos Accidentes de Tráfico e as súas familias. En Fraternidad-Muprespa recollemos o testemuño e organizamos a II Semana da Seguridade Viaria Laboral xunto a prestixiosas entidades dedicadas a esta materia. Reunimos expertos relatores, empresas que describiron as súas boas prácticas e persoal da Mutua. Para coñecer como foron estas xornadas e as propostas de Fraternidad-Muprespa en materia de seguridade viaria laboral, só tes que darlle ao play.
Podcast FM 1x01: Entrevista ao Dr. Minuesa
Data de publicación: 10/11/2019. Duración: 10' 03".
Da man (e a voz) do doutor Álvaro Minuesa, xefe da Unidade de Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica do Hospital Fraternidad-Muprespa Habana, “coámonos”, sen necesidade de ser pacientes, nos quirófanos do centro. Os tres dos que dispón este hospital contan con tecnoloxía punteira, de feito, son os primeiros que se montaron con esta tecnoloxía en España. Ademais, posúen un rechamante e innovador deseño. Pero o que os fai realmente diferentes é que todo o que sucede no seu interior achega maior seguridade ao acto cirúrxico. Queres saber por que? Só tes que premer no play.
Podcast FM 1x00: Presentación do podcast
Data de publicación: 7/11/2019. Duración: 3' 45".
Que?, quen?, cando?, onde? e por que? son as cinco preguntas clave, as cinco W (what, who, when, where e why), ás que hai que responder para elaborar calquera noticia, calquera contido xornalístico. Se falta unha, a noticia estará incompleta. En Fraternidad-Muprespa móvenos o rigor co que queremos comunicarche quen somos e que facemos. Por iso, reunimos os máximos responsables de Comunicación na Mutua, Natalia Fdez. Laviada e Miguel Ángel Quesada, que che presentan esta nova canle. De periodicidade mensual, podes acceder a través de Ivoox, Youtube e do noso portal web. Se fas reconto, acabámosche de responder a catro das W. Para coñecer a quinta, debes premer no play. Benvidos.