"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 ao ano", é o lema que dá pé ao propósito da mutua Fraternidad Muprespa cara ás súas empresas asociadas, autónomos adheridos, colaboradores, provedores e outros interlocutores. A vontade de ofrecer servizos de valor é un dos nosos propósitos fundamentais, e como mostra diso a continuación presentámoslle o catálogo de e-Servizos dispoñibles dende o noso portal Web.
Servizos para asociados e adheridos
Servizos para asociados e adheridos, a xeito de recompilación de contidos e aplicacións de interese para os interlocutores habituais de Fraternidad-Muprespa. Documentación para a realización de calquera trámite, realización en liña de trámites (p. ex. solicitude de caixa de primeiros auxilios), canles de contacto para a resolución de dúbidas, sistema de alarmas para a entrega a tempo de documentación e un longo etcétera de servizos.
Servizos xerais
Servizos xerais, englobando contidos e aplicacións de uso xeralizado para todo aquel (interlocutor habitual ou non da mutua) que se achegue á Web de Fraternidad-Muprespa. Inclúense buscadores de información, subscrición gratuíta a boletíns informativos, calendarios laborais configurables, aplicacións de escritorio, entre outros.