
Servizo gratuito de atención permanente
Dende Fraternidade-Muprespa poñemos a disposición dos traballadores protexidos e as súas empresas, un Servizo Telefónico de Atención Permanente.
Este servizo gratuíto de atención, dispoñible as 24 horas dos 365 días do ano, está enfocado principalmente a dar soporte en situacións de emerxencia; e a el accédese a través do número:
900 269 269
Así mesmo, se o traballador se encontra desprazado ao estranxeiro (máis información) pode acceder a este servizo a través do número:
(+ 34) 91 389 63 98
Contacte co Centro Telefónico de Atención Permanente se necesita:
- Coñecer o centro asistencial máis próximo ao lugar onde aconteceu o accidente (e se necesita ingreso hospitalario saber o hospital máis axeitado ao que dirixirse).
- Solicitar a evacuación urxente dun accidentado e coordinar os medios necesarios para a rápida asistencia.
- Coordinar a asistencia sanitaria a traballadores desprazados ao estranxeiro.
- Resolver algunha cuestión sobre os nosos servizos médicos e administrativos.
