Compromiso coa RSC
En Fraternidad-Muprespa comprometémonos mediante a nosa Política de Xestión ética e Responsabilidade social corporativa ao desenvolvemento sustentable a través dunha actuación ética e responsable que poña en valor a nosa cultura corporativa e os principios éticos inherentes ás nosas funcións públicas de colaboración coa Seguridade Social.
Fraternidad-Muprespa aprobou en 2012 o seu primeiro Plan de Responsabilidade Social Corporativa (2012-2014) no que se concretaron os compromisos en materia de política económica, social e ambiental adquiridos cos grupos de interese da Entidade: mutualistas, empregados, colaboradores, provedores, administracións públicas e institucións.
Na actualidade está vixente o segundo plan, correspondente ao período 2016-2018, que asenta e reforza os compromisos do anterior, contribuíndo á consecución da estratexia da Entidade mediante a incorporación das mellores prácticas, con carácter de exemplaridade, nos distintos ámbitos, dirixidas a garantir a seguridade xurídica, eficacia, eficiencia, sustentabilidade, transparencia e competencia.
A creación en outubro de 2016 do noso Comité de Responsabilidade Social Corporativa serviu para impulsar as prácticas responsables da Entidade coa necesaria coordinación entre as distintas unidades, cumprindo cos requirimentos legais do réxime xurídico da Mutua e tendo como principais obxectivos: seguir mellorando a competitividade e o progreso dos nosos grupos de interese, e achegar rendibilidade social e económica ao Sistema Público de Seguridade Social e á Sociedade no seu conxunto.
Pacto mundial de las Naciones Unidas
En Fraternidad-Muprespa, ao ampliar o alcance da RSC, unímonos ao Pacto Mundial das Nacións Unidas en agosto de 2010, de renovación anual. La adhesión al Pacto Mundial ha sido una iniciativa voluntaria de compromiso ético, destinada a acoger como una parte integral de nuestra estrategia y operaciones, principios de conducta y acción en materia de Derechos Humanos y Laborales, Derechos Medioambientales (establecer políticas de ahorro de agua, energía, papel, control de residuos, etc.) y lucha contra la corrupción (promoción de la transparencia financiera, rechazo del soborno, malversación, favoritismos, etc.)
En esencia, a adhesión ao pacto constitúe a nosa resposta e compromiso coas necesidades dun mundo en transformación, baseado en 10 principios básicos:
Dereitos humanos
1. Respectamos a protección dos dereitos humanos fundamentais.
2. Aseguramos a non complicidade na vulneración dos Dereitos Humanos.
Normas laborais
3. Apoiamos a liberdade de asociación e o recoñecemento efectivo do dereito á negociación colectiva.
4. Afirmamos a eliminación de toda forma de traballo forzoso ou realizado baixo coacción.
5. Apoiamos a erradicación do traballo infantil.
6. Defendemos a abolición das prácticas de discriminación no emprego e a ocupación.
Medio ambiente
7. Mantemos un enfoque preventivo que favoreza o medio ambiente.
8. Fomentamos as iniciativas que promovan unha maior responsabilidade ambiental.
9. Favorecemos o desenvolvemento e a difusión das tecnoloxías respectuosas co medio ambiente.
Anticorrupción
10. Traballamos contra a corrupción en todas as súas formas, incluída a extorsión e o suborno.