
A Mutua que coida de ti
Fraternidad-Muprespa estableceu para o ano 2022 un lema que poderá lerse nos seus contidos e comunicacións: a Mutua que coida de ti.
Segundo o dicionario da RAG 'coidar' é un verbo transitivo que significa “pór atención naquilo que se di ou fai para obter un bo resultado”, segundo a súa segunda acepción, e “dedicar atención a algo ou alguén, procurando que non lle suceda nada malo”, segundo a terceira, con exemplos como “coidar os nenos”.
Polo tanto, 'coidar' é o verbo axeitado para nos referir á actividade de Fraternidad-Muprespa dende a súa fundación hai 93 anos. Asistir o traballador protexido, recuperar a súa saúde e proporcionarlle o necesario durante e despois do diagnóstico, a consulta, a urxencia, a cirurxía ou o tratamento; traballar coa empresa mutualista para previr males innecesarios; proporcionar estratexias en prol da protección a través da xestión das diferentes prestacións; estreitar relacións bilaterais ou multilaterais con quen comparte os nosos mesmos intereses e ten o deber de ofrecer esa mesma dedicación.
E cando o coñecemento de algo novo se consolida e se incorpora, é o momento propicio para compartilo. De nada serve o coñecemento sen divulgación e, de entre os múltiples compromisos sociais de Fraternidad-Muprespa, salienta o existente cos Obxectivos de desenvolvemento sostible, eses 17 parámetros destinados a transformar o mundo e mellorar a vida de quen o habita. Un fundamento básico que enlaza con outro lema, xa famoso na Mutua e aínda en vigor, Quero Ser Verde, que pon en valor a importancia que se outorga na entidade á sostibilidade medioambiental e á súa imaxe como mutua comprometida, que non só defende os valores da protección e a saúde dos traballadores na súa contorna de traballo, senón que tamén ten un forte compromiso coa protección destes fóra do medio laboral.