Evolución dixital de Fraternidad-Muprespa
Nun mundo hiperconectado, áxil e cambiante, estar preto dos nosos mutualistas e traballadores protexidos segue sendo imprescindible para darlle o mellor servizo. Somos conscientes de que a dixitalización é un aspecto fundamental para conseguilo.
En Fraternidad-Muprespa xa o fixemos hai 20 anos, grazas a unha aposta estratéxica pola tecnoloxía, mantivémolo durante todo este tempo e seguimos evolucionando. Dende o ano 2000 contamos cun sistema integrado de xestión, unha ferramenta que aínda segue vixente, e en 2001 arrancamos co primeiro big data do sector. En 2002, a Mutua xa dispoñía dunha intranet corporativa e, en 2004, para relacionarnos cos nosos clientes creamos o noso extranet de servizos, a actual Oficina Dixital, e en 2005 acometemos proxectos como o centro asistencial sen papeis ou a historia clínica electrónica.
Fraternidad-Muprespa, pioneiros dixitais
Polo tanto, mentres se fala de transformación dixital, en Fraternidad-Muprespa falamos de evolución dixital e de poñer os nosos 20 anos de experiencia ao servizo das persoas. Somos, con orgullo, pioneiros dixitais.
Buscamos xerar propostas diferenciais, novos servizos e produtos personalizados dixitais e útiles. O noso deber é ofrecer un nivel de dixitalización tal, para que a vía electrónica sexa o medio preferido de relación connosco, dunha forma intuitiva e doada. Situamos o usuario no centro do deseño dos nosos servizos, concretamos a estratexia, implantamos unha metodoloxía e facemos seguimento do estado da evolución dixital. Todo iso mediante principios reitores e facilitadores do cambio.
Unha Mutua omnicanle e aberta
Como? Con estes 7 facilitadores do cambio
1. Ofrecendo un pack dixital de benvida a novas empresas asociadas.
2. Dixitalizando os puntos de contacto.
3. Mellorando e evolucionando as nosas bases de datos das empresas mutualistas e traballadores protexidos, sempre cumprindo coa lexislación en materia de protección de datos persoais.
4. Dixitalizando e optimizando a relación entre a Mutua e os nosos provedores cunha oficina dixital específica e mellores aplicacións internas de xestión.
5. Incorporando tecnoloxía dixital para avaliar a calidade, coa finalidade de integrar en tempo real canles que informen sobre a satisfacción do usuario.
6. Desenvolvendo unha aplicación, para abrir unha nova canle directa cos asesores e axudarlles a resolver problemas cunha relación directa, áxil e funcional.
7. Usando ferramentas que nos permitan coñecer o valor que achega aos nosos mutualistas as novas canles de comunicación dixital.
Unha Mutua dixital 24/7/365
Queremos axilizar a atención ao cliente e garantir os maiores estándares de seguridade e prestacións en calquera punto e en calquera momento en que nos necesite. Merece unha experiencia óptima e ternos máis preto.
Como? Con estes 5 facilitadores do cambio
1. Centros sen papeis.
2. Metodoloxía áxil.
3. Procesos automatizados.
4. Hospital dixital.
5. Diagnósticos dixitais.
Unha analítica avanzada de datos
Os datos son un activo para tomar decisións antes, máis rápido e de maior calidade. Os algoritmos cos que os tratamos implican melloras reais nos servizos que ofrecemos. Toda a información debe crearse, almacenarse, protexerse, compartirse ou publicarse de acordo con todas as garantías necesarias de seguridade e privacidade.
Como? Con estes 4 facilitadores do cambio
1. Contidos dixitais preventivos para traballador e empresa.
2. Información dispoñible para o paciente mediante as canles dixitais no 3. Desenvolvemento de informes de xestión, dispoñibles para os mutualistas a través da súa Oficina Dixital, para axudarlles na xestión da sinistralidade e o absentismo.
4. Analítica preditiva.
En Fraternidad-Muprespa iniciamos hai vinte anos un camiño disruptivo cunha transformación dixital que segue en marcha, que nos achega e mellora a nosa relación mutua. Refórzase así o nexo entre ambas as dúas partes, o cal implica tamén que aumenta a calidade que lle ofrecemos.