Salario mínimo interprofesional
Soldo bruto mínimo establecido legalmente en España para os traballadores por conta allea, cunha xornada laboral completa, independentemente do tipo de contrato, repartido en 14 pagas anuais.
Esta contía retributiva legal (SMI) fíxase anualmente polo Goberno, tras a consulta coas organizacións sindicais e asociacións empresariais máis representativas, tendo en conta o Índice de Prezos ao Consumo, a produtividade media nacional alcanzada, o incremento da participación do traballo na renda nacional e a conxuntura económica xeral.