Información sobre prestación económica por coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave

O noso obxectivo é facilitar e axilizar ao máximo posible o acceso á prestación, por iso, para calquera dúbida ou cuestión relacionada coa prestación pode poñerse en contacto co seu centro asistencial de referencia.

Requisitos de acceso á prestación

  1. Ambos os dous proxenitores, adoptantes ou acolledores deben estar traballando e en situación de alta nalgún réxime público de Seguridade Social.

    En caso de nulidade, separación, divorcio ou extinción da parella de feito, así como cando se acredite a condición de vítima de violencia de xénero, poderá recoñecerse o dereito á prestación ao proxenitor que conviva coa persoa enferma, aínda que o outro non traballe, sempre que se cumpran o resto dos requisitos esixidos.

  1. A persoa traballadora solicitante ha de reducir a súa xornada laboral nun mínimo do 50% e nun máximo do 99,99%.
  2. O causante da prestación ha de encontrarse na seguinte situación:
  • Ter sido diagnosticado de cancro ou dunha de enfermidade grave recollida no Anexo I do Real decreto 1148/2011, do 29 de xullo, para a aplicación e desenvolvemento, no sistema da Seguridade Social, da prestación económica por coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave.
  • Que a devandita enfermidade grave, requira dun ingreso hospitalario de longa duración que implique do seu coidado directo, continuo e permanente.
  • Ser menores de 18 anos. Non obstante, cumpridos os 18 anos, poderase recoñecer a prestación ata que o causante cumpra 23 anos nos supostos de padecemento de cancro ou enfermidade grave diagnosticada antes de alcanzar a maioría de idade.
  1. Acreditar os seguintes períodos mínimos de cotización pola persoa solicitante da prestación:
  • Se é menor de 21 anos: non se esixirá período mínimo de cotización.
  • Feitos os 21 anos e menores de 26: 90 días cotizados nos 7 anos inmediatamente anteriores á solicitude da prestación, o 180 días ao longo da súa vida laboral.
  • 26 anos ou máis: 180 días, dentro dos 7 anos inmediatamente anteriores, ou 360 días no total da súa vida laboral.
  1. Estar ao corrente do pagamento das cotas da Seguridade Social.

Causas de suspensión

  • Cando na persoa beneficiaria da prestación concorra algunha das seguintes situacións:
    • Baixa médica (incapacidade temporal).
    • Permiso por nacemento e coidado de menor.
    • Prestación por risco durante o embarazo e risco durante a lactación natural.
    • Suspensión da relación laboral (ERE, folga, peche patronal...).
  • Alternancia no percibo do subsidio co outro proxenitor do causante.
  • Non presentar a declaración médica do Servizo Público de Saúde, necesaria para prorrogar a prestación, na que se indique que subsiste a necesidade de coidados do menor.

Causas de extinción

  • Por falecemento da persoa beneficiaria da prestación.
  • Reincorporación ao traballo ou a volta total á actividade laboral da persoa beneficiaria e o cesamento da redución de xornada.
  • Cesamento de un dos proxenitores na súa actividade laboral.
  • Non subsistir a necesidade de coidado directo, continuo e permanente do causante.
  • Por facer o causante 23 anos (26 anos se acredita unha discapacidade igual ou superior ao 65%).
  • Por falecemento do causante.
  • Cesamento na cobertura con Fraternidad-Muprespa.
¿Que te ha parecido el contenido?