Fraternidad-Muprespa Política de Seguridad

Política de Seguridade

Fraternidad-Muprespa define a súa Política de Seguridade para dar cobertura a todas as iniciativas no ámbito da seguridade desenvolvidas na Organización. A Política está orientada á consecución dos obxectivos de seguridade que se definen no Plan Director de Seguridade corporativo. Os aspectos incluídos nesta Política son os seguintes:

  • Establécese a necesidade de conseguir un nivel de seguridade adecuado ao tipo de actividade desenvolvida por Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social. Terase unha especial consideración cara ao ámbito sanitario e prestacional da nosa entidade.
  • A seguridade concíbese como un proceso continuo, que require a coordinación e o traballo conxunto das diferentes unidades organizativas da Mutua con competencias en materia de seguridade. Esta colaboración conseguirase mediante o traballo en equipo das diferentes unidades e a súa coordinación ao máximo nivel directivo.
  • A seguridade como concepto e os proxectos que se deriven son apoiados dende a Dirección da entidade, co compromiso de achegar os recursos que sexan necesarios e razoables para conseguir o nivel de seguridade definido pola entidade.
  • A cobertura da seguridade enténdese dun modo integral, afectando instalacións, persoal interno e externo, sistemas de información e tamén os traballadores protexidos e pacientes que se encontren nas instalacións de Fraternidad-Muprespa.
  • Os investimentos, proxectos e iniciativas en materia de seguridade responderán a criterios de razoabilidade e sentido común, de modo que se estableza un equilibrio entre o custo da seguridade e o nivel de risco que a entidade considera como asumible.
  • A seguridade deberá incluírse nos primeiros estadios de cada iniciativa e proxecto que aborde a entidade, de modo que sexa factible incorporala na fase de deseño de instalacións, sistemas e procedementos dos condicionantes propios da seguridade.
  • A seguridade, entendida como un proceso, contará cos mecanismos adecuados de seguimento, revisión e mellora continua, propios de calquera "sistema de xestión".
  • A política de seguridade, así como os obxectivos e proxectos que emanen desta, comunicaranse oportunamente aos membros da organización, de modo que todos sexan conscientes do importante papel da seguridade no desempeño diario.
  • Na medida do posible, a xestión da seguridade estará aliñada coas mellores prácticas e cos estándares internacionais. Así mesmo, garantirase o cumprimento completo da lexislación.

Esta Política de Seguridade está aprobada pola Dirección, e conta co seu apoio e compromiso.

¿Resultouche útil este contido?
(reset)
¡Grazas polo teu voto!

Puntos: 0