Xunta Xeral
Órgano de goberno superior da Mutua e estará integrado por todos os empresarios asociados, por unha representación dos traballadores por conta propia adheridos nos termos que regulamentariamente se establezan, e por un representante dos traballadores dependentes da Mutua. Carecerán de dereito a voto aqueles empresarios asociados, así como os representantes dos traballadores por conta propia adheridos, que non estean ao corrente no pagamento das cotizacións sociais.
A Xunta Xeral reunirase con carácter ordinario unha vez ao ano para aprobar o anteproxecto de presupostos e as contas anuais, e con carácter extraordinario, as veces que sexa convocada pola Xunta Directiva unha vez cumpridos os requisitos que regulamentariamente se establezan para a súa convocatoria e realización.
É competencia da Xunta Xeral, en todo caso, a designación e renovación dos membros da Xunta Directiva, ser informada sobre as dotacións e aplicacións do patrimonio histórico, a reforma dos estatutos, a fusión, absorción e disolución da Entidade, a designación dos liquidadores e a esixencia de responsabilidade aos membros da Xunta Directiva. Desenvolve o art. 71.2 Lei 35/2014.
Todos os mutualistas ou empresarios asociados teñen o dereito de asistencia e participación na Xunta Xeral cos requisitos legalmente establecidos.