Accesibilidade DIGA/AIS
Fraternidad-Muprespa está plenamente comprometida co respecto e defensa dos dereitos de persoas con capacidades diferentes; por iso, un dos nosos obxectivos principais é conseguir que todos os centros asistenciais que conforman a rede “sexan accesibles para todos”.
En marzo do 2015, demos o primeiro paso: quixemos analizar todos os nosos centros para detectar posibles carencias, en canto á accesibilidade destes, e así poder realizar as melloras necesarias.
A Mutua determinou que o xeito de conseguir esta información era someténdonos a unha auditoría que medise o grao de accesibilidade de cada centro. Para iso contouse coa colaboración da Fundación para a Accesibilidade e Responsabilidade Social (antes Fundación Shangrila-), que desenvolveu un sistema de medición do grao de accesibilidade, denominado DIGA (distintivo indicador do grao de accesibilidade) e que a partir de 2018 pasou a denominarse Indicador de Accesibilidade (AIS).
A revisión dos centros en materia de accesibilidade realizouse co aval da Certificadora Internacional IMQ (Istituto italiano del marchio di qualità), que analizou todos os centros de acordo coas especificacións técnicas do sistema.
O resultado é moi satisfactorio; hoxe en día contamos con 90 centros asistenciais auditados, 8 deles coa máxima puntuación. Cómpre facer mención especial á certificación AIS 1/2018 5 estrelas, que conseguiu o novo hospital HFMH de Paseo de la Habana de Madrid
É importante salientar que a Entidade traballa para a mellora da accesibilidade dun xeito continuo, con revisión anual de todos eles, que garante o mantemento das condicións certificadas e as modificacións realizadas que permiten mellorar o grao de accesibilidade.
O noso compromiso é conseguir que todos os centros da rede asistencial conten, polo menos, cun distintivo AIS 3 estrelas, que garante a plena accesibilidade física.
A revisión-recertificación de todos os centros auditados, segundo a NORMA AIS (Accessibility Indicator System) 1/2018 e especificacións técnicas ET-IMQ-AIS, a está a realizar a Fundación para la Accesibilidad y Responsabilidad Social, coa revisión e aval da Certificadora Internacional IMQ (Instituto italiano do marchio di qualità) que avala a certificación AIS.
Distintivo DIGA