Biomecánica
A biomecánica é a ciencia que estuda o corpo humano mentres realizamos diversas actividades co fin de obter o seu rendemento máximo, resolver algún tipo de discapacidade detectada ou deseñar tarefas e actividades para que a maioría das persoas poidan realizalas sen risco de sufrir danos ou lesións. Está relacionada coa enxeñaría médica e coa ergonomía.
A biomecánica ocupacional proporciona ferramentas para avaliar os procesos biomecánicos que se suceden no noso corpo mentres traballamos, buscando a eficiencia dos devanditos procesos e a prevención de lesións mentres os exercitamos. Estreitamente relacionada coa ergonomía do traballo, que é a ciencia, que se encarga de adaptar o corpo humano ás tarefas e ás ferramentas de traballo.
Dende o punto de vista da prevención de riscos laborais, contribúe a explicar por que determinadas tarefas producen patoloxías músculo-esqueléticas ou fatiga e a forma de previlas.