Susceptibilidade

Característica do individuo que o fai máis vulnerable a padecer determinados problemas de saúde, posto que o seu organismo reacciona de modo especial a certos estímulos externos. Aquí nos referimos á susceptibilidade xenética, aínda que tamén se podería falar doutras formas de vulnerabilidade, como por exemplo a psicolóxica.