Información para traballadores en pagamento directo

 

Calendario de pagamentos 2023

3 xaneiro, martes

2 febreiro, xoves

2 marzo, xoves

4 abril, martes

4 maio, xoves

2 xuño, venres

4 xullo, martes

3 agosto, xoves

4 setembro, luns

4 outubro, mércores

3 novembro, venres

4 decembro, luns

 

 

SMS no recibido

A notificación por SMS das transferencias de pagamento directo esixe que na solicitude, vostede seleccionase expresamente esta opción de comunicación e que facilitase un número de teléfono móbil correcto.

No caso de que non seleccionase esta opción e quixese activala ou cambiar o número de teléfono que facilitou inicialmente, deberá poñerse en contacto co centro administrativo da Mutua que lle corresponda.

SMS con retraso

Fraternidad-Muprespa, o día que recibiu o SMS, deu a orde de pagamento da súa prestación á entidade bancaria coa que traballamos.

Se esta entidade fose a mesma que a súa, normalmente recibirá o ingreso nese mesmo día, no caso contrario, e dependendo dos protocolos entre ambas as dúas entidades bancarias, puidera ser que o ingreso na súa conta corrente se atrase entre 24 e 48 horas hábiles.

SMS con periodo y fecha

O importe da prestación que se lle aboou depende de varios factores, e os principais son: a base reguladora, período de pagamento confirmado e continxencia da súa prestación.


A data indicada é o último día de prestación que se lle calculou e aboou nese pagamento.


Normalmente, esta data coincidirá co último día do mes vencido pero, noutras ocasións, a data poderá ser anterior cando a información que obtemos da Seguridade Social non permita confirmar a prestación ata final de mes.

SMS fecha validada

No momento que Fraternidad-Muprespa dispoña de información para confirmar o resto da prestación devindicada no mes previo, emitiráselle automaticamente unha transferencia extraordinaria polo período abranguido entre a última data confirmada e o último día do mes vencido. Estas transferencias extraordinarias emítense semanalmente, cada xoves (ou seguinte día hábil). Por exemplo: Supoñamos que o 05 de maio de 2021 recibiu o seguinte SMS...
Cálculo del importe

O importe da prestación que se lle aboou depende de varios factores, sendo os principais: base reguladora, período de pagamento confirmado, continxencia da súa prestación e, no caso da IT derivada de continxencias comúns a modalidade de pagamento (IT normal ou desemprego).


Para coñecer en detalle a prestación que lle foi aboada, recomendámoslle que acceda á nosa oficina dixital ou á nosa App.

Nº cuenta donde realizar el ingreso

Para que modifiquemos o número de conta no que lle estamos a facer o ingreso da súa prestación, deberá dirixirse a calquera das nosas oficinas a solicitar o cambio, achegando algún documento recente que permita acreditar a súa titularidade.

¿Que te ha parecido el contenido?