
FRATERNIDAD-MUPRESPA REALIZOU UNHA XORNADA EN TORREJÓN DE ARDOZ SOBRE O RÉXIME DE AUTÓNOMOS
Fraternidad-Muprespa, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, realizou o día 25 de febreiro unha xornada en Torrejón de Ardoz sobre o "Réxime profesional e protección social do traballador autónomo.
D. Juan Fraile Bullon, director da Delegación de Torrejón de Ardoz, inaugurou o acto, agradeceu a todos os asistentes a súa presenza e explicou os obxectivos da xornada e as particularidades desta.
Posteriormente presentou a D. Francisco Barroso Jadraque, director provincial adxunto de Fraternidad-Muprespa en Madrid, quen desenvolveu un interesante relatorio, onde expuxo as modificacións máis interesantes dentro do marco lexislativo que afecta o traballador autónomo, clarificando a evolución lexislativa, os matices en canto á interpretación e aplicación da lei, ademais do seu alcance e efectos sobre o colectivo de autónomos. Ao rematar a exposición, xerouse un interesante coloquio, onde se puxeron de manifesto as peculiaridades de cotización e cobertura deste complicado réxime.
D. Juan Fraile Bullon tomou de novo a palabra para clausurar a xornada e manifestou a importancia que ten o colectivo de traballadores autónomos para Fraternidad-Muprespa.
"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"