O pasado mércores 25 de novembro de 2009 celebrouse en Alacant o acto de inauguración das novas instalacións da Mutua Fraternidad Muprespa. Situado nunha nova e importante zona en expansión da cidade - rúa Bellea del Foc, 6 - o centro conta cun dos mellores deseños de arquitectura exterior e interior. Unha distribución en tres alturas con case 750 metros na planta baixa dedicados ao accidente laboral e á rehabilitación. O Director Xeral Adxunto da Mutua Fraternidad Muprespa, Francisco Francés, dirixiu unhas palabras de agradecemento ás autoridades, responsables do INSS e da TXSS, mutualistas, colaboradores e traballadores da delegación, resaltando a importancia das instalacións sanitarias que se poñen a disposición de mutualistas, traballadores, e por extensión a todos os alacantinos. O Concelleiro responsable da área de Tráfico, Seguridade e Transportes da capital foi o encargado de pechar o acto, agradecendo a aposta da Mutua por ampliar e mellorar as súas instalacións e servizos asistenciais, e declarando en nome da Alcaldesa a inauguración deste magnífico centro. |
|
| INAUGURACIÓN DA NOVA SEDE E CENTRO ASISTENCIAL EN ALACANT |
|
| FRATERNIDAD-MUPRESPA. Dirección Provincial de Alacant |
|
| Mércores, 25 de novembro de 2009 |
|
|
|
"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"