
Solicítenos a súa caixa de primeiros auxilios a través da web
Conscientes das necesidades das nosas empresas asociadas e colaboradores, unha vez máis, en Fraternidad-Muprespa adiantámonos ao resto. Dado que nos preocupamos pola súa saúde e posto que o noso obxectivo é o de facilitarlle todos os seus trámites connosco, poñemos á súa disposición o seguinte formulario a través do cal poderá solicitarnos as caixas de primeiros auxilios para a súa empresa.
Esqueza o envío de fax, ou realizar chamadas telefónicas, cubra os datos correspondentes a vostede e á súa empresa e automaticamente tramitaremos a súa solicitude.
Para realizar a súa solicitude a través da nosa Web só deberá cumprir os seguintes requisitos:
- Estar asociado á nosa Mutua de Accidentes de Traballo
- Completar fidedignamente os datos solicitados no formulario
...E en breve recibirá a caixa de primeiros auxilios no enderezo da súa empresa.
Solicite aquí a súa caixa de primeiros auxilios. Prema aquí para acceder ao formulario.