Modificación Do Regulamento de Instalacións Térmicas nos edificios
Fraternidad-Muprespa, como Entidade implicada na Calidade e o Medio Ambiente, está a traballar dende o ano 2012 para mellorar a eficiencia enerxética dos seus edificios.
Unha das prácticas é cumprir o Regulamento de Instalacións Térmicas nos Edificios (RITE), que establece as condicións que deben cumprir as instalacións destinadas a atender a demanda de benestar térmico e hixiene a través das instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria, para conseguir un uso racional da enerxía.
Para iso a Mutua, entre outras medidas,:
- Obtén o certificado de eficiencia enerxética dos seus edificios, pola realización de melloras na envolvente dos seus centros, instalacións de iluminación e instalacións térmicas para ampliar a súa cualificación.
- Realiza auditorías de eficiencia enerxética das súas instalacións de climatización.
- Promove as boas prácticas ambientais entre os traballadores para mellorar a eficiencia enerxética dos centros da Entidade.
Unha das prácticas é cumprir coas temperaturas e graos de humidade do interior dos edificios que marca o Regulamento de Instalacións Térmicas:
Verán: Temperatura de 26 °C ou superior e humidade relativa entre 30 e 70%.
Inverno:: Temperatura de 21 °C ou inferior e humidade relativa entre 30 e 70%..