Eu felicito, ti felicitas, Fraternidad-Muprespa felicita
Nadal é, entre outras cousas, compartir, soñar, sorrir, recordar, reunir, gozar, saír, quedar, descubrir... e, abofé, felicitar.
Un ano máis, dende Fraternidad-Muprespa axudámosche a facelo de moitas maneiras, a través de material deseñado para que poidas dirixirte aos teus, a amigos, compañeiros, familiares, provedores, colegas, clientes... a calquera persoa a quen desexes o mellor para estas festas e para o ano próximo.
Poñemos ao teu alcance 18 deseños de tarxetas de felicitación con múltiples formatos e en varios idiomas, para que escollas as máis apropiadas para ti.
E se es dos que gozan vestindo a pantalla do ordenador de acordo a cada época do ano, deseñamos tres imaxes diferentes, fondos nos que vemos tanto motivos do Nadal coma algúns propios da nosa actividade como Mutua e os lemas que nos acompañaron e acompañarán.
Por último, Fraternidad-Muprespa elaborou unha felicitación en vídeo coa que quere compartir contigo os seus mellores desexos nestas festas, felicitación que, á súa vez, se pode reenviar libremente vía correo electrónico.
En resumo, diferentes e variadas opcións para reforzar lazos, acurtar distancias, querer e sentirnos queridos nestas datas tan entrañables.
Fraternidad-Muprespa deséxache de corazón un moi Bo Nadal!