Pegada de carbono
A pegada de carbono dunha organización é a totalidade de gases de efecto invernadoiro emitidos por efecto directo ou indirecto a través da actividade que desenvolve a devandita organización. O efecto invernadoiro é o motivo do quentamento global e o cambio climático. A pegada de carbono pódese calcular e verificar segundo a norma ISO 14064-1:2006. É verificado mediante auditorías independentes.