Norma
No ámbito da calidade, a seguridade e o medio ambiente, entre outros, trátase dun documento técnico de aplicación voluntaria, froito do consenso, baseado nos resultados da experiencia e do desenvolvemento tecnolóxico e aprobado por un organismo de normalización recoñecido.
As normas garanten uns niveis de calidade e seguridade que permiten a calquera empresa posicionarse mellor no mercado, o que constitúe unha importante fonte de información para os profesionais de calquera actividade económica.