Grande invalidez
Incapacidade permanente cando, por consecuencia de perdas anatómicas ou funcionais, se necesita a asistencia doutra persoa para os actos máis esenciais da vida, tales como vestirse, desprazarse, comer ou análogos. Terá dereito á pensión por incapacidade permanente absoluta, incrementada nun 50%, destinado a que o inválido poida remunerar a persoa que o atenda.