Comisión de Control e Seguimiento
Órgano competente de cada Mutua Colaboradora coa Seguridade Social para a concesión dos beneficios derivados da Reserva de Asistencia Social que teña establecidos a favor dos traballadores protexidos ou adheridos, e os seus habentes dereito, que sufrisen un accidente de traballo ou unha enfermidade profesional e se encontren en especial estado ou situación de necesidade. Os beneficios serán potestativos e independentes dos comprendidos na acción protectora da Seguridade Social.
Estará integrada polo número de membros que se estableza regulamentariamente, os cales estarán distribuídos, por partes iguais, entre os representantes dos traballadores das empresas asociadas e os representantes de empresarios asociados, sendo estes últimos designados pola Xunta Directiva; así mesmo, terán representación os traballadores adheridos.