CARTEL N.º 13. ASSICURAZIONI GENERALI 1940
Año
Neste cartel vese unha clásica e dramática imaxe do incendio no medio rural, un tema recorrente que aparece en moitas destas creacións. Unha colleita, o palleiro, o carro ardendo e un matrimonio que olla desolado a escena e seca as bágoas cun pano. O texto trata de introducir a esperanza ante a desgraza. “Se asegura as súas colleitas, non hai desastre posible”. Esta obra é do ano 1940.
Enlaces