Traballador social
O traballador social dunha mutua realiza un conxunto de actividades que ten por obxecto o estudo dos factores sociais que inflúen nos traballadores, tras un accidente laboral ou unha enfermidade profesional, tratando as situacións de malestar psicosocial que xorden e colaborando no proceso de recuperación e reinserción sociolaboral do traballador accidentado.
O obxectivo é que o accidente laboral non sexa motivo de perda de calidade de vida, discriminación ou marxinación social. O accidente de traballo altera a dinámica social tanto do traballador accidentado coma do ámbito familiar, polo que son necesarias, ademais dunha adecuada atención sanitaria, a intervención dos traballadores sociais para minimizar os efectos que o accidente de traballo ou enfermidade profesional ocasionan.