Parte de enfermidade profesional
Documento oficial polo cal o empresario comunica á Entidade Xestora ou Mutua coa que teña concertadas as continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, toda enfermidade que sufra un traballador, produza ou non a súa baixa ou a súa morte, nos tres días seguintes a aquel no que se diagnosticou esta.
A empresa ha de remitir dous exemplares á Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social que teña ao seu cargo a protección por accidente de traballo e enfermidade profesional e entregará outro ao traballador, conservando o cuarto exemplar a empresa como xustificante.