Solicitude de Cesamento de Actividade do Traballador Autónomo (CATA) por COVID-19
En Fraternidad-Muprespa somos conscientes do impacto que está a ter a crise do coronavirus COVID-19 en todas as familias e negocios, polo que daremos todas as facilidades para que poida solicitar as prestacións que foron xurdindo en resposta ás necesidades sobrevidas.
Onte publicouse o Real decreto lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19. No seu artigo 17 créase unha nova “Prestación extraordinaria por cesamento de actividade para os afectados por declaración do estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19”.
CANLES DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE
Dado que, e en cumprimento do establecido no protocolo do estado de alarma, os nosos centros están pechados ou co mínimo persoal necesario, habilitáronse dúas canles para que poida xestionar esta nova prestación:
- Canle 1. Oficina Dixital: se vostede xa é usuario desta vía ou quere darse de alta, poderá solicitar de forma online esta prestación. A súa solicitude asignarase a un xestor persoal e tratarase de resolver nun prazo rápido.
- Canle 2. Caixa de correo: na seguinte listaxe poderá comprobar, en función do seu centro máis próximo, o correo electrónico ao que facer chegar a súa solicitude e a documentación anexa. A súa solicitude será analizada coa maior brevidade posible polos nosos xestores.
QUEN PODE SOLICITAR ESTA NOVA PRESTACIÓN?
- Traballadores autónomos que tivesen que pechar o seu negocio (aberto ao público), en cumprimento das restricións operadas polo estado de alarma, e que non puidesen continuar a prestación de servizos na modalidade de traballo a distancia.
- Exemplos incluídos: cafetarías, restaurantes, tendas de roupa, ferraxarías...
- Exemplos non incluídos: tendas online, mercados, xestorías (agás que acrediten a imposibilidade de teletraballar), farmacias, ópticas...
- Traballadores autónomos que, malia que podan manter aberto o seu negocio, acrediten un descenso nos seus ingresos do último mes superiores ao 75% dos que tiveron, de media, no último semestre.
QUE DOCUMENTACIÓN DEBERÁ ACHEGAR?
En todos os casos, deberá presentar:
- Modelo de solicitude de prestación por cesamento de actividade (está dispoñible o formulario online na nosa Oficina Dixital e en formato PDF a nosa web).
- Fotocopia do DNI/NIE/pasaporte.
- Fotocopia ou fotografía dos tres últimos boletíns de cotización.
- Certificado da TGSS de estar ao corrente do pagamento das súas cotas.
- Modelo 145 IRPF - Comunicación de datos ao pagador.
- No caso de declarar fillos a cargo, fotocopia ou fotografía do libro de familia.
Ao longo da tramitación do seu caso, podería requirirse outra documentación.
No primeiro dos supostos (peche do negocio aberto ao público) deberá presentar a solicitude de prestación por cesamento de actividade informando o apartado 6 do seguinte xeito:
Cubrindo os campos en vermello segundo corresponda.
No segundo dos supostos (perdas de ingresos superiores ao 75% no último mes respecto á media do último semestre) deberá presentar a solicitude de prestación por cesamento de actividade informando o apartado 6 do seguinte xeito:
Onde a data de cesamento da actividade será o último día do mes en que estea a acreditar a diminución do 75% dos ingresos respecto ao último semestre e cubrindo os datos en vermello segundo corresponda.
Ademais, neste segundo suposto, deberán remitirse adicionalmente:
- Modelo 130 - dos catro trimestres de 2019.
- Modelo 131 - do último trimestre de 2019.
- Conta de perdas e ganancias analizada mes a mes de todo o ano 2019.
- Conta de perdas e ganancias analizada de xaneiro, febreiro e marzo de 2020.