O Hospital de Día de Fraternidad Muprespa situado na rúa de Madre de Dios 42 de Madrid é obra do arquitecto Miguel Fisac (1913-2006).
Na construción deste edificio construído no ano 1969, Miguel Fisac empregou por primeira vez, e patentou a técnica de encofrados realizados con plásticos e cordas que confire ao formigón un aspecto amolecido.
Miguel Fisac recibiu, entre outras condecoracións, a Medalla de Ouro do Consello Superior de Colexios de Arquitectura en 1994, Premio Antonio Camuñas en 1997 e o Premio Nacional de Arquitectura en 2003. Entre as súas obras máis coñecidas destacan o Centro de Estudos Hidrográficos (Madrid), Edificio de Laboratorios Jorba, La Pagoda (Madrid), Edificio central do CSIC (Madrid); ou o Edificio de IBM no Paseo da Castellana (Madrid).
Dende a mutua Fraternidad-Muprespa queremos destacar a importancia que lle damos á conservación e mantemento dos edificios que forman parte do noso Patrimonio Histórico e que, pola súa importancia arquitectónica ou monumental, son de interese xeral para a sociedade, como acontece con esta emblemática construción ou o edificio da sede social de Fraternidad-Muprespa, no número 3 da Pza. Cánovas del Castillo, que está considerado como edificio histórico protexido. |
|
|
|
|
|
"A súa Mutua - Calidade e Servizo, 365 días ao ano"