Orfandade
Pensión que perciben os fillos do causante falecido, calquera que sexa a natureza legal da súa filiación, e os achegados ao matrimonio polo cónxuxe sobrevivente, sempre que en tal momento sexan menores de 18 anos (ou de 22 e 24 anos en determinados supostos) ou estean incapacitados para o traballo e que o causante tivese cuberto o período de cotización esixido en relación coa pensión de viuvez.
Compatibilidades/Incompatibilidades.
A pensión de orfandade é compatible con calquera renda de traballo de quen sexa ou fose cónxuxe do causante, ou do propio orfo, así como, se é o caso, coa pensión de viuvez que aquel perciba. Non obstante, recoñecido o dereito á pensión de orfandade ou, se é o caso, prolongado o seu gozo, aquel queda en suspenso cando o orfo beneficiario realice un traballo por conta allea ou propia, en virtude do cal obteña uns ingresos que, en cómputo anual, sexan superiores ao 75% do salario mínimo interprofesional que se fixe en cada momento, tamén en cómputo anual, producíndose os seguintes efectos:
Igual regra será de aplicación, cando o beneficiario non chegase a devindicar cantidade ningunha da pensión de orfandade antes de chegar á idade límite para ser perceptor desta, por tela solicitado en data posterior ao cumprimento desta idade, sempre que na data do feito causante reunise as condicións para ser beneficiario.

- Se o orfo é menor de 18 anos ou ten reducida a súa capacidade de traballo nunha porcentaxe valorada nun grao de incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez, a pensión aboarase con independencia da contía dos ingresos que obteña derivados do seu traballo.
- Se o orfo é maior de 18 anos, non incapacitado, a pensión de orfandade suspenderase:
- Na data na que faga os 18 anos, unicamente, naqueles casos nos que os ingresos derivados do traballo que viñese realizando o menor, non incapacitado, superen o límite establecido.
- Dende o día seguinte a aquel en que inicie un traballo por conta allea ou propia (sempre que os ingresos obtidos deste superen o límite establecido), ou dende o momento en que os ingresos que se viñesen obtendo superen este límite.
- O dereito á pensión recuperarase cando se extinga o contrato de traballo, cese a actividade por conta propia ou, se é o caso, finalice a prestación por desemprego, incapacidade temporal, risco durante o embarazo ou maternidade ou, nos supostos en que se continúe na realización dunha actividade ou na percepción dunha prestación, cando os ingresos derivados dunha ou doutra non superen os límites establecidos.
- Os orfos, con dereito a pensión de orfandade, que teñan reducida a súa capacidade de traballo nunha porcentaxe valorada nun grao de incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez e perciban outra pensión da Seguridade Social en razón da mesma incapacidade, deberán optar por unha delas.
- A percepción da pensión é incompatible co desempeño dun posto de traballo no sector público. A percepción da pensión quedará en suspenso polo tempo que dure o desempeño deste posto, sen que iso afecte as súas revalorizacións.
- A partir de 1-1-04, se o causante non se encontrase en alta ou en situación asimilada á de alta na data do falecemento, será incompatible co recoñecemento doutra pensión de orfandade en calquera dos réximes da Seguridade Social, agás que as cotizacións acreditadas en cada un dos réximes se superpoñan, polo menos, durante 15 anos.
- Por facer 18 anos (agás que, en tal momento, tivese reducida a súa capacidade de traballo nunha porcentaxe valorada nun grao de incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez) ou, se é o caso, os novos límites de idade aos que se fai referencia no apartado beneficiarios.
- Por cesar na incapacidade que lle outorgaba o dereito á pensión.
- Por adopción.
- Por contraer matrimonio.
- Por falecemento.
- Por comprobarse que non faleceu o traballador desaparecido en accidente.