Situación de enfermidade e accidente común ou profesional, de índole laboral ou non, que poida atribuír o dereito a subsidio mentres está a recibir asistencia sanitaria da Seguridade Social e estar incapacitado para o traballo, cunha duración máxima de 12 meses, prorrogables por outros 6 meses cando se presuma que durante os mesmos o traballador pode ser dado de alta por curación. Tamén son situación determinante de incapacidade temporal os períodos de observación por enfermidade profesional nos que se prescribe unha baixa laboral, cunha duración máxima de 6 meses, prorrogables por outros 6 meses, cando se considere necesario para o estudo e diagnóstico da enfermidade. A incapacidade temporal é unha das causas de suspensión do contrato de traballo.