Reserva de Estabilización
Dotación económica anual que realiza unha mutua colaboradora coa Seguridade Social a cargo do seu resultado positivo (diferenza entre ingresos e gastos por CP, CC e CATA) para corrixir as posibles desigualdades dos resultados económicos xerados entre os diferentes exercicios en cada un destes tres ámbitos.
A dotación constitúese da seguinte forma:
- Continxencias Profesionais: contía mínima do 30% da media anual das cotas ingresadas no último trienio por este concepto, que poderá elevarse voluntariamente ata o 45% como máximo.
- Continxencias Comúns: contía mínima do 5% das cotas ingresadas durante o exercicio económico polas mencionadas continxencias, que poderá incrementarse voluntariamente ata o 25% como máximo.
- Cesamento de Actividade de Traballadores Autónomos: contía mínima do 5% das cotas ingresadas por esta continxencia durante o exercicio, que poderá incrementarse voluntariamente ata o 25% como máximo.
Tamén ingresará na TXSS a dotación da Reserva Complementaria de Estabilización por CATA, coa finalidade de garantir a suficiencia financeira deste sistema de protección. A contía corresponderase coa diferenza entre o importe destinado á Reserva de Estabilización por esta cobertura e a totalidade do resultado neto positivo.
No suposto dun resultado anual negativo da mutua —déficit—, haberá que rexerse ao regulado no art. 95.3 do RDL 8/2015.