CARTEL Nº 29. PRODUTOS QUÍMICOS EN BOTELLAS 1962

Año

 

Cerra asina este cartel do ano 1962 no que se quere salientar a importancia de ler ben a etiquetaxe de todos os produtos e xamais encher botellas con outros produtos. Neste caso, unha botella de anís encheuse cun líquido tóxico, pois así o indica a súa etiqueta na que pode verse debuxada unha caveira. Finalmente, un traballador “cego” (representado cos ollos vendados pois non leu a etiqueta, polo que non sabe o que está a inxerir), bebe da botella totalmente alleo ás graves consecuencias que vai sufrir. 60 anos despois, este tipo de accidentes segue acontecendo, non xa nunha botella de anís, pero ocorre ao encher botellas de auga con outros produtos.

CastellanoEuskaraGalego

Selecciona un idioma para escuchar el audio