CARTEL N.º 11. SECCIÓN DE PSIQUIATRÍA E HIXIENE MENTAL 1934

Año

 

Sorprende que en datas tan temperás, durante o Goberno da II República, a Dirección Xeral de Sanidade xa promovía o tratamento psiquiátrico dos traballadores para “recobrar o equilibro mental e a aptitude para o traballo”. Estamos a falar de que no ano 1934 xa se combatían no traballo o que hoxe coñecemos como riscos psicosociais asociados á actividade laboral. As imaxes deste cartel destilan harmonía e tranquilidade: descanso cun libro xunto á auga en primeiro plano, mentres prosegue a tarefa na terra en segundo plano, todo iso reflexo dunha temperá sensibilidade social. Este cartel, e outros pertencentes á mesma serie, ían alén do accidente de seu, e centrábanse na necesidade de contar cunha sociedade de prevención para evitar situacións de desvalemento para o propio traballador ou a súa familia, a través do esforzo modesto, pero sostido, pensando nun futuro tranquilo e sen apuros.

CastellanoEuskaraGalego

Selecciona un idioma para escuchar el audio