CARTEL N.º 9. TI NON PODES QUEDAR COMA MIN (ARAÑA) 1930
Año
A imaxe que se reproduce neste cartel non só é didáctica, senón tamén moi imaxinativa. O obreiro, sen medida ningunha de suxeición, queda suspendido no aire, e a araña indícalle, dunha forma enxeñosa e naíf, que non poderá manterse colgado moito tempo. Estamos en 1930 e os riscos en altura xa tiñan unha importancia primordial na prevención do risco laboral e non só dende o ámbito institucional, senón tamén no privado, como neste caso. Recordemos que os anos 30 eran a época da construción dos grandes rañaceos en Nova York.
Enlaces