Instituto Nacional da Seguridade Social
O INSS é unha entidade xestora da Seguridade Social, con personalidade xurídica propia, adscrita ao Ministerio de Emprego e Seguridade Social, que ten encomendada a xestión e administración das prestacións económicas do sistema da Seguridade Social, con excepción daquelas cuxa xestión estea atribuída ao IMSERSO ou servizos competentes das comunidades autónomas, así como o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria.