Traballo social
Profesión baseada na práctica e unha disciplina académica que promove o cambio e o desenvolvemento social, a cohesión social e o fortalecemento e a liberación das persoas. Os principios da xustiza social, os dereitos humanos, a responsabilidade colectiva e o respecto á diversidade son fundamentais para o traballo social, que involucra ás persoas e as estruturas para facer fronte a desafíos da vida e aumentar o benestar.
Busca favorecer o desenvolvemento de vínculos humanos saudables e fomentar cambios sociais que deriven nun maior benestar para as persoas. Os traballadores sociais, deste xeito, actúan sobre certos factores relacionados coas interaccións dos individuos coa contorna.