CEN
Comité Europeo de Normalización. É unha organización privada non lucrativa, cuxa misión é fomentar a economía europea no negocio global, o benestar dos cidadáns europeos e o medio ambiente. É o organismo de normalización recoñecido europeo, encargado do desenvolvemento de normas europeas (Normas EN 'Norma Europea'). O CEN foi fundado en 1961. Os seus vinte e nove membros nacionais representan a vinte e cinco estados membros da UE, tres países da Asociación Europea de Libre Comercio (AELC) e os países candidatos á UE e á AELC. Máis de 60.000 expertos técnicos, así como federacións de negocios, consumidores e outras organizacións sociais interesadas están implicados na rede do CEN que alcanza os 460 millóns de persoas.