Sociedade de responsabilidade limitada
Sociedade de capital na que este estará integrado polas achegas dos socios, que poden ser monetarias ou en especie (valoradas economicamente), non de traballo. A responsabilidade dos socios limítase ao capital achegado.
O capital social non se divide en accións, como na sociedade anónima, senón en participacións sociais e non pode ser inferior a 3.000 €.
O número mínimo de socios será de dous, agás na sociedade de responsabilidade limitada unipersoal.