Historia natural da enfermidade
Este termo ten que ver co transcurso dunha enfermidade, dende a súa orixe ata a súa resolución final. Así, un ou varios factores de risco poden romper o equilibrio do estado inicial de boa saúde e dar orixe a unha enfermidade, que progresa ata a súa resolución, sexa en forma de curación, incapacidade ou morte. Entre o inicio da enfermidade e a súa detección hai un período presintomático en que a enfermidade pode ser detectable dependendo das técnicas diagnósticas dispoñibles en cada momento.