Documento de asociación

Concerto formalizado entre a empresa e a Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social, en virtude do cal esta última asume a protección das continxencias contratadas (profesionais e, se é o caso, comúns) a cambio da oportuna cotización. O Convenio de Asociación ten unha vixencia dun ano e entenderase prorrogado tacitamente por períodos anuais (agás denuncia en contra cun mes de antelación).

Este documento recollerá todos os datos de identificación e de localización do asociado, código ou códigos de conta de cotización asignados, a actividade con especificación dos traballos que se efectúen na mesma e do lugar en que haxan de levarse a cabo, así como a data e hora en que comezan os seus efectos.
Asócianse a través deste documento:
  • Os empresarios con traballadores por conta allea.
  • Os traballadores por conta propia do Réxime Especial Agrario respecto á cobertura obrigatoria de IMS.
  • Os representantes de comercio.
ANEXO AO DOCUMENTO DE ASOCIACIÓN.
O empresario ademais de cubrir a protección por accidentes de traballo cunha Mutua, pode optar así mesmo pola cobertura da prestación económica por incapacidade temporal derivada de continxencias comúns. Para esta opción, cubrirase un Anexo ao documento de asociación, e neste especificarase a súa data de efecto.
Este documento non se cubrirá no caso da mellora voluntaria dos traballadores do Réxime Especial Agrario por conta propia e dos traballadores autónomos, cuxa vinculación á Mutua se realizará formalizando un documento de Adhesión.