CARTEL Nº 30. NON FUMES XUNTO AO PALLEIRO 1963

Año

 

Un cigarro, un misto, un montón de palla e un problema grave. En 1963 este cartel buscaba concienciar da conveniencia de non fumar xunto ao palleiro pola existencia dun risco máis que evidente. Os seus destinatarios eran os agricultores, cunha mensaxe que parece elemental, pero na cal era necesario insistir na época.

Trátase dun exemplo de publicidade institucional sobre os riscos de accidentes laborais na agricultura. Este cartel é dun grafismo moi simple pero efectivo e con grande impacto visual, como corresponde a unha época na que apenas había alternativas nos medios de difusión.

CastellanoEuskaraGalego

Selecciona un idioma para escuchar el audio