Actas de infracción
Documento polo que a Inspección de Traballo e Seguridade Social inicia o procedemento sancionador no que se constatan os feitos e fundamentos de dereito en que se basea a sanción, cuxo importe tamén se indica, derivada do incumprimento de normas laborais ou de seguridade social. As actas de infracción gozan da presunción de legalidade, polo que quen se opón a elas debe probalo, xa que se inverte a carga da proba.