Inspección de Traballo e Seguridade Social
Organismo que depende do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, e ao que en materia de Prevención de Riscos Laborais lle corresponde a función de vixilancia e control da normativa. As súas funcións son:
- Vixiar o cumprimento das normas xurídico-técnicas que incidan nas condicións de traballo.
- Propostas de sanción.
- Asesorar e informar as empresas e traballadores.
- Elaborar informes, a petición dos Xulgados do Social, sobre accidentes de traballo e enfermidades profesionais.
- Informar a autoridade laboral sobre os accidentes e enfermidades profesionais mortais, graves e moi graves.
- Comprobar e favorecer o cumprimento das obrigas asumidas polos Servizos de Prevención.
- Paralizar inmediatamente aqueles traballos nos que se advirta risco grave e inminente.
- Colaboración pericial.