Grupos de cotización
Cada un dos 11 grupos nos que se clasifican, para os efectos de cotización á Seguridade Social, as categorías profesionais existentes nas distintas regulamentacións de traballo. Cada grupo ten asignados uns topes máximos e mínimos de base de cotización.
1 Enxeñeiros e licenciados. Persoal de alta dirección non incluído no artigo 1.3.c) do Estatuto dos Traballadores
2 Enxeñeiros técnicos, peritos e axudantes titulados
3 Xefes administrativos e de taller
4 Axudantes non-titulados
5 Oficiais administrativos
6 Subalternos
7 Auxiliares administrativos
8 Oficiais de primeira e segunda
9 Oficiais de terceira e especialistas
10 Peóns
11 Traballadores menores de dezaoito anos