Fondo de Reserva da Seguridade Social
É o constituído coa finalidade de atender ás necesidades futuras do sistema da Seguridade Social en materia de prestacións contributivas.
Está dotado por:
- Os excedentes de ingresos que financian as prestacións de carácter contributivo e demais gastos necesarios para a súa xestión que resulten da consignación presupostaria de cada exercicio ou da liquidación presupostaria deste.
- O excedente que resulte despois de dotar a Reserva de Estabilización de Continxencias Comúns das mutuas colaboradoras coa Seguridade Social.