EMAS (certificación)
Eco-Management and Audit Scheme ou Regulamento Comunitario de Ecoxestión e Ecoauditoría.
É unha certificación segundo a normativa voluntaria da Unión Europea (Regulamento CE n.º 1221/2009 ) que recoñece aquelas organizacións que implantaron un SGMA (Sistema de Xestión Medioambiental) e adquiriron un compromiso de mellora continua. É a certificación máis prestixiosa da Unión Europea e a máis esixente en xestión medioambiental a ámbito mundial. É verificado mediante auditorías independentes.