Comisión de Control e Seguimento
Órgano de participación dos axentes sociais, ao que corresponde coñecer e informar da xestión que realiza a entidade nas distintas modalidades de colaboración, propoñer medidas para mellorar o desenvolvemento destas no marco dos principios e obxectivos da Seguridade Social, informar o anteproxecto de presupostos e as contas anuais e coñecer os criterios que mantén e aplica a Mutua no desenvolvemento do seu obxecto social.
Para desenvolver ese labor, a Comisión dispoñerá periodicamente dos informes sobre litixiosidade, reclamacións e recursos, así como dos requirimentos dos órganos de supervisión e dirección e tutela, xunto co seu cumprimento. Anualmente elaborará unha serie de recomendacións que serán enviadas tanto á Xunta Directiva coma ao órgano de dirección e tutela.
O Ministerio de Emprego e Seguridade Social regulará a composición e réxime de funcionamento das Comisións de Control e Seguimento, tras o informe do Consello Xeral do Instituto Nacional da Seguridade Social.
A Comisión estará composta por un máximo de doce membros designados polas organizacións sindicais e empresariais máis representativas, así como por unha representación das asociacións profesionais dos traballadores autónomos. Será presidente da Comisión o que en cada momento o sexa da propia Mutua.
Non poderá formar parte da Comisión de Control e Seguimento ningún membro da Xunta Directiva, a excepción do presidente, ou persoa que traballe para a Entidade.
Desenvolve o art. 71.5 Lei 35/2014.