Réxime Xeral da Seguridade Social
Réxime de afiliación máis importante da Seguridade Social, no que se encadran os traballadores por conta allea e asimilados dos sectores da industria e os servizos non incluídos en réximes especiais.
Tamén se integran no Réxime Xeral os seguintes Sistemas Especiais:
- Traballadores fixos descontinuos de empresas de estudo de mercado e opinión pública
- Traballadores fixos descontinuos de cines, salas de baile e de festa e discotecas
- Manipulación e empaquetado do tomate fresco, realizadas por colleiteiros exportadores
- Servizos extraordinarios de hostalaría
- Industria resineira
- Froitas, hortalizas e industria de conservas vexetais
- Agrario
- Empregados de Fogar