Réxime de seguridade social
O nivel contributivo do sistema español da Seguridade Social organízase en diversos réximes, nos cales se integran aquelas persoas que, exercendo unha actividade profesional, están incluídos no seu campo de aplicación.
Así conforme o art. 9.1 da LXSS, o sistema intégrase polos seguintes:
- O Réxime Xeral composto polos traballadores por conta allea da industria e os servizos.
- Os Réximes Especiais, establecidos naquelas actividades nas que, pola súa natureza, as súas peculiares condicións de tempo e lugar ou pola índole dos seus procesos produtivos, fose preciso para a adecuada aplicación dos beneficios da Seguridade Social.