Sociedade de capital na que este estará dividido en accións integradas polas achegas dos socios, que teñen unha responsabilidade limitada ao capital achegado por cada un deles para constituír a sociedade. As achegas poden ser de diñeiro, bens ou dereitos valorables economicamente, nunca de traballo.
O número mínimo de socios será de dous, agás na sociedade anónima unipersoal. O capital social non pode ser inferior a 60.000 €.